Denunciado un condutor tras lanzar polo portelo unha bolsa con cocaína

O vehículo circulaba sen iluminación pola Praza de Augas Férreas
Un vehículo de la Policía Local de Lugo. ARCHIVO
photo_camera Un vehículo de la Policía Local de Lugo. ARCHIVO

A Policía Local de Lugo denunciou a un condutor por tenencia ou consumo de drogas na vía pública tras lanzar polo portelo do vehículo unha bolsa de plástico con cocaína.

Segundo informou a Policía Local, durante a noite do sábado ao domingo ás 2.45 horas unha patrulla de Policía de Barrio observou un vehículo que circulaba pola Praza de Augas sen iluminación, polo que procedeu a darlle o alto.

Nese momento, o condutor lanzou polo portelo un envoltorio plástico, o cal foi inmediatamente localizado, indican as mesmas fontes policiais, e recollido polos axentes.

Os policías constataron que se trataba dunha bolsa plástica que contiña unha sustancia en po de cor branca, "presumiblemente cocaína", destaca a Policía Local, polo que se procedeu á súa incautación.

Por iso, a Policía Local ha realizado acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá por tenencia ou consumo de drogas na vía pública.