miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Denunciado un condutor novel que deu positivo en alcol de madrugada

Praza de Bretaña. GSV
Praza de Bretaña. GSV
Arroxou unha taxa de 0,28 miligramos por litros de aire expirado

A Policía Local realizou nos últimos días varios filtros de seguridade viaria e denunciou a un condutor novel que deu positivo na proba de alcoholemia.

Os axentes da Unidade de Ateigados sorprenderon ao mozo sobre as tres e media da madrugada do martes, cando conducía pola Praza de Bretaña, e sometérono ás probas de detección alcohólica, nas que arroxou unha taxa de 0,28 miligramos por litros de aire expirado.

Tal e como sinalou o protavoz do corpo, "ao tratarse dun condutor cunha antigüidade no seu permiso inferior aos dous anos, ten como límite unha taxa de 0,15 miligramos", polo que foi denunciado pola vía administrativa. Ademais de sancionar ao condutor, a Policía Local inmobilizoulle o vehículo no lugar.

CONDENA. Outro condutor que deu positivo nunha proba de alcoholemia, sobre as 21.40 horas do 12 de xullo do 2020, foi condenado por circular ebrio e por negarse a realizar a segunda proba de confirmación. Os axentes practicar a primeira proba ás 21.46 horas e arroxou unha taxa de 0,90 miligramos de alcol por aire aspirado. Pasados dez minutos, lle pediron que soprase de novo, pero se negou. Por estes feitos, o Penal número 2 de Lugo impúxolle seis meses de cárcere, 1.080 euros de multa e un total de 33 meses de retirada do permiso de conducir.

Denunciado un condutor novel que deu positivo en alcol de madrugada
comentarios