jueves. 21.10.2021 |
El tiempo
jueves. 21.10.2021
El tiempo

Denunciado un condutor por circular a 194 quilómetros por hora nun tramo limitado a 100

Interceptárono na autovía A-54 ao seu paso polo municipio lucense 

Axentes do subsector de Tráfico da Garda Civil de Lugo identificaron este martes un condutor que circulaba a 194 quilómetros por hora pola autovía A-54 —que une Lugo con Santiago— ao seu paso polo municipio lucense.

O turismo foi detectado no punto quilométrico 12,100 da citada autovía, un tramo onde a velocidade específica está limitada a 100 quilómetros por hora.

Os axentes déronlle o alto posteriormente e identificaron ao condutor —un veciño de León de 57 anos de idade— que foi denunciado como suposto autor dun delito contra a seguridade viaria por circular a unha velocidade que practicamente dobraba á legalmente permitida. Tráfico trasladou o atestado ao xulgado. 

Denunciado un condutor por circular a 194 quilómetros por hora nun...