Denunciadas tres persoas por transitar sen máscara pola vía pública en Lugo

Un vehículo de la Policía Local de Lugo. ARCHIVO
photo_camera Un vehículo da Policía Local de Lugo. ARQUIVO

A Policía Local de Lugo denunciou tres persoas por transitar sen levar posta máscara pola vía pública na cidade, no marco do traballo desenvolvido nos diferentes dispositivos de control do cumprimento das medidas de prevención fronte ao coronavirus. 

En concreto, segundo o corpo, esas tres persoas foron denunciadas por unha infracción contemplada na lei de saúde de Galicia ao "incumprir a obrigación de utilización da máscara de protección" cando transitaban pola vía pública "sen garantir en todo momento o mantemento da distancia de seguridade interpersoal e sen atoparse en ningunha das causas de exención contempladas no real decreto Lei 21/2020".

Por outra banda, debido ás "graves irregularidades" detectadas na noite do 8 de xullo na inspección levada a cabo pola Policía de Lugo nun establecemento hostaleiro da rúa Salvador de Madariaga, axentes procederon a notificar ao encargado do "mesmo o decreto polo que se acorda como medida cautelar a suspensión de actividade no prazo de 24 horas seguintes á recepción da notificación". 

Ademais, advertíronlle de que, en caso de incumprimento, o establecemento será precintado.