Denuncia que a estreiteza dalgunhas prazas de discapacitados é un risco

Unha condutora quéixase do perigo que implica ter que pór a cadeira de rodas no carril
Una conductora, en la plaza para movilidad reducida que hay en la Ronda. SEBAS SENANDE
photo_camera Laura Tabernero accide ao seu coche. SEBAS SENANDE

Laura Tabernero, unha muller con discapacidade que utiliza unha cadeira de rodas, denuncia que as prazas de aparcadoiro especialmente reservadas para ese colectivo non teñen ancho suficiente, motivo polo que moitas veces resultan inservibles. Conta que, por exemplo, recentemente tivo que ir facer unhas xestións ao multiusos da Xunta e non chegou a baixar do coche.

"Aparquei na praza reservada pero non puiden abrir a porta porque non paraban de pasar coches e, se o fixese, invadiría o carril. Ou me atropelan ou deteño o tráfico", explica. A muller recorda que, para facer un uso correcto, debe abrir por completo a porta do seu coche, depositar a cadeira de rodas no chan e trasladarse do asento do condutor á cadeira.

MÁIS ANCHURA. Explica que toda esa operación require dunha praza con maior anchura para poder facer con seguridade todo ese proceso. Finalmente, renunciou a descender do vehículo nesa ocasión. "Esperei máis de media hora dentro do coche, o tráfico non paraba e decidín irme", explica. Pola tarde, con algo menos de circulación accedeu a mostrar ata que punto debe circular coa cadeira de rodas pola calzada se quere acceder ao seu coche.

"Creo que isto pasa en todos os aparcadoiros da cidade. En todos os que fun utilizando ocórreme o mesmo. Gustaríame que se tomasen medidas antes de que se producise un accidente", di.

Fontes municipais aseguran que as prazas cumpren a normativa autonómica e din que o problema se produce nos que son en liña. Por exemplo, nos aparcadoiros disuasorios, que son en batería, non ocorre porque se pode xogar co ancho.