Darío Campos: "Gustaríame repetir como alcalde e presidente provincial"

O socialista considera ademais "unha anomalía" que Manuel Martínez siga dirixindo Suplusa

Darío Campos, durante el pleno en el que era reprobado. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Darío Campos, durante un pleno. VICTORIA RODRÍGUEZ

O presidente da Deputación de Lugo e alcalde da Pontenova, Darío Campos, expresou nos micrófonos da Radio Galega o seu "claro" desexo de "seguir outros catro anos máis como alcalde" e "dar un paso á fronte" para repetir como candidato socialista ao máximo organismo provincial, ainda que "iso xa non depende de min, non é elección directa, pero eu estarei ao que digan os meus compañeiros".

Nunha entrevista ofrecida este domingo ao Galicia por Diante, Campos amosouse "orgulloso" do labor do seu goberno ao fronte dunha Deputación que é "o motor económico da provincia" fronte a outras administracións como a do Estado ou a Xunta". Desta última, o socialista denunciou que "está marxinando" á provincia de Lugo, poñendo como exemplos a unidade de hemodinámica 24 horas, o hospital da Costa ou a variante de Viveiro.

MANUEL MARTÍNEZ. O alcalde de Becerreá foi outro dos temas destacados da entrevista na Radio Galega. A pesar de que Campos comezou dicindo que non lle gustaba falar de Manuel Martínez, terminou por recoñecer que "é unha anomalía" que este presida Suplusa, unha sociedade dependente da Deputación.

"E ademais, que non obedeza as ordes" do organismo provincial "paréceme máis anomalía aínda", sentencia.