Cultura celebra con gaitas a apertura de Quiroga Ballesteros pese ao veto de Méndez

A alcaldesa anunciara o día anterior a paralización dos actos programados ao non estar aínda recibidas as obras
photo_camera Os edís do BNG asistiron á actuación dun grupo de música tradicional en Quiroga Ballesteros. VITORIA RODRÍGUEZ

Non houbo concertos con palco pero a música non faltou este venres pola tarde en Quiroga Ballesteros. As gaitas e os tambores resoaron por esta remodelada rúa en ton desafiante, xa que o día anterior a alcaldesa Lara Méndez anunciara a paralización dos actos pola concellaría de cultura e a área de mobilidade para inaugurar a actividade neste novo espazo peonil do centro baseándose en dous informes que indicaban que as obras non foron recibidas polo Concello.

► Lea a información completa na edición impresa deste sábado ◄

Comentarios