O cuarto xulgado do Social de Lugo estará en abril "plenamente operativo"

Roda visita as instalacións, onde se situarán oito funcionarios
photo_camera Visita de Roda ao cuarto xulgado do Social. VITORIA RODRíGUEZ

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este luns xunto co presidente do TSXG, José María Gómez e Diaz-Castroverde, as instalacións do novo xulgado do Social de Lugo, que xa conta con todo o equipamento necesario para botar a andar o mércores da próxima semana.

O novo órgano xudicial situarase na mesma planta que os outros tres xulgados do Social, polo que entre as actuacións levadas a cabo pola Xunta para a súa posta en marcha trasladouse o xulgado de Menores á Audiencia Provincial e no seu espazo situouse o xulgado de Primeira instancia número 5, para situar o novo xulgado do Social onde estaba este último.

& nbsp;visita tamén acudiron o director xeral de Xustiza, Juan José Martín; o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; a xuíza decana dos xulgados de Lugo, Olalla Díaz; a secretaria de coordinación provincial, Carmen; así como os decanos de colexios de avogados e do de procuradores da provincia, José Félix Mondelo e Jacobo Varela, respectivamente, ademais do presidente da xunta de persoal da Administración de Xustiza en Lugo, Xesús H. Sánchez.

O xulgado contará con strong<> oito prazas de funcionarios –2 xestores, 4 tramitadores e 2 auxilios– e conta con todo o material necesario, que supuxo un investimento de máis de strong<> 31.200 euros por parte da Xunta para a instalación do mobiliario e do equipamento informático.

O Goberno galego investiu 850.000 euros na creación dos tres novos xulgados do Social na comunidade galega: en strong <>Lugo, Vigo e A Coruña.

Pide "un mínimo de seriedade" cos anuncios a Ave
Roda pediulle ao Goberno de España “un mínimo de seriedade” á hora de anunciar “datas” e “cumprir compromisos” en relación coa chegada da Ave.

Durante unha visita á sede dos xulgados en Lugo, Roda recordou que o ministro de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, José Luís Ábalos, “dixo que en 2021, o ano no que estamos, a Ave chegaría a Lugo”.

Con todo “agora decatámonos de que a primeira fase da licitación sae agora. Non estará, e encima recortado á metade o seu orzamento, ata o ano 2024. Pediríalle un mínimo de seriedade ao Goberno central anunciando datas e cumprindo compromisos”, dixo o vicepresidente.

"Acábannos de dicir que a AVE a Galicia chegará en 2021, veremos se é certo. Sabemos que a Lugo non chegará, como mínimo ata 2024, logo de anunciar este mesmo Goberno, fai menos de tres anos, que chegaría en 2021”, concluíu.

CORONAVIRUS. O vicepresidente da Xunta este luns que o Goberno galego vai ir con moita prudencia” á hora de adoptar decisións que supoñan un alivio das restricións decretadas para frear a pandemia, porque o verdadeiro obxectivo é “ter un verán minimamente normal e para iso non convén precipitarse”.

Roda recordou "o que está a pasar en moitos sitios de Europa e nalgunhas comunidades autónomas, onde están estancados ou empezando a subir os contagios".

ENCE. Tamén se referiu a nbsp;a&proposta do goberno local de Pontevedra para declarar persoa non grata ao presidente de Ence, Ignacio de Colmenares, da que dixo que "é non entender o problema".

 Roda afirmou que o "verdadeiro problema" é que se poden "perder cinco mil postos de traballo, non só en Pontevedra e a súa comarca, senón tamén en toda a actividade forestal que hai en Galicia e que depende de Ence".

"Se cren que todo se soluciona declarando persoa non grata ao responsable da empresa coa que hai que negociar, isto é non entender o problema", insistiu o vicepresidente da Xunta.

Comentarios