miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Un cuarto foco de lixo enerva aos veciños de Muxa

El cuarto foco, situado en Santa María de Muxa. EP
O cuarto foco, situado en Santa María de Muxa. EP
A presidenta de Piñeiro Rancho Grande localizou este martes outro vertedoiro

Os veciños das parroquias de Santa María de Muxa e San Salvador de Muxa, en Piñeiro, denuncian a aparición da un novo foco de lixo acumulado, o cuartonunha zona situada na entrada do pobo e xusto debaixo da ponte que cruza a autovía.

Ata alí desprazouse este martes a presidenta da asociación Piñeiro Rancho Grande, Flora Rubinos, tras recibir a chamada dun veciño que pasara polo lugar e identificado un novo vertedoiro improvisado distinto dos tres que xa denunciou a responsable do colectivo o luns. "Un veciño avisoume e achegueime para comprobar se era certo que había un novo foco de lixo porque non mo podía crer", apunta Rubinos.

O cuarto vertedoiro sen control atópase en Santa María de Muxa e garda similitudes co resto. Alí amontóanse un par de sofás, roupa de cama, un somier en bo estado, varios colchóns e todo tipo de material de construción completamente esnaquizado. "Non sabiamos deste foco e a verdade é que nos desespera porque xa non sabemos que facer con tanto lixo. Insisto en que temos unha paisaxe idílico e que existe xente empeñada en esnaquizalo", lamentou a presidenta de Piñeiro Rancho Grande.

O misterio dos vestidos de voda de Muxa

Rubinos asegurou que non recibiu ningunha notificación por parte do Concello. "Veñen cada dous meses pero cando chamo a Miguel Fernández -concelleiro de Medio Rural- é certo que aos dous días limpan a zona, pero tamén é certo que ao cuarto día o lugar volve aparecer repleto de lixo", recoñece a presidenta da asociación. Para Rubinos, a solución pasa por incrementar a vixilancia nos catro focos de lixo para disuadir ás persoas que decidiron que a contorna de Muxa sexa o seu vertedoiro particular.

"Se xa saben que a situación se repite cada pouco tempo, ¿por que non pon unha patrulla da policía para identificar a quen cometen este tipo de actos?" pregúntase a presidenta do colectivo, que insiste en que falará co Concello para que tome as medidas adecuadas.

Un cuarto foco de lixo enerva aos veciños de Muxa
comentarios