O cuarto canil de Lugo, en Serra de Ancares, dispón de circuítos de ximnasia

O recinto conta con espazos separados para cans de varios tamaños e as plantacións e o mobiliario adaptáronse ás condicións do solar
Méndez y Santos, en el nuevo canil. EP
photo_camera Méndez e Santos, onte no novo canil.

A cidade conta desde este venres con catro caniles, coa apertura do espazo acondicionado na zona verde que xa existía entre as rúas Serra de Ancares e Río Eo, á beira do Centro de Cualificación e Valoración de Discapacidades. É un recinto de 780 metros cadrados con entradas distintas para cans grandes e pequenos, con espazos separados para estes e con senllos circuítos para ximnasia canina, formados por, entre outros, elementos de corda, túneles e balancín.

"Cremos que é un dous espazos de lecer máis versátiles da capital, que favorece a convivencia con animais nun entorno amable", explicou o concelleiro de medio ambiente, Álvaro Santos, que visitou o novo canil xunto á alcaldesa, Lara Méndez.

O Concello investiu 50.000 euros nesta obra, dentro do Plan de Barrios. Méndez destacou que, para darlle un carácter sostible e minimizar o custo de mantemento, estudáronse as condicións do solar. "Tivéronse en conta factores como a orientación do predio, as temperaturas mínimas da estación, a insolación, os ventos, a exposición..., para elixir as especies a plantar e os materiais máis axeitados para o mobiliario", explicou a alcaldesa.

Comentarios