Ciudadanos Lugo non quere o estatuto de Inés Arrimadas

O partido votou unha emenda á totalidade á proposta e avoga por un partido máis transparente e con democracia interna
Manu Maseda
photo_camera Manu Maseda. SEBAS SENANDE

Ciudadanos aprobou en Lugo unha emenda á totalidade á proposta de estatutos presentada pola dirección do partido. Detrás da decisión está a reivindicación dunha organización máis participativa, con máis democracia interna e transparente.

Unha vez acordada esa emenda á totalidade, os militantes prepáranse para elixir este sábado aos representantes pola provincia no congreso do partido. Hai catro candidatos: Manu Maseda, José Antonio Flores, Manuel Vicente e José Ángel Gómez. A maiores, como membro nato, estará no congreso Olga Louzao.

Entre os candidatos a ir como compromisarios, Maseda e Flores están claramente aliñados coa defensa duns estatutos que garantan un partido máis participativo, na liña defendida pola plataforma Ciudadanos Es Ti, con ampla representación en todo o país e que ten como cara máis visible a Francisco Igea, vicepresidente da Xunta de Castela e León, que encabezou o xoves un acto en Santiago.

En Lugo, Manu Maseda, que onte confirmaba a súa presentación ás primarias como compromisario confirmaba a súa aliñación cun modelo  participativo e no que a elección de candidatos, por exemplo, baséese na meritocracia e non no dedazo.

Maseda eludía cualificar de crítica á agrupación de Lugo polo feito de aprobar esa emenda á totalidade. "Non somos críticos, diría que se trata dunha forma de pensar que non concuerda co que opina Inés", afirmaba o lucense, que acaba de regresar de participar como árbitro no Campionato Hispanoablante de Debate e Oratoria organizado pola Universidade de Cornell e pertencente á Ivy League.

Maseda, que se distinguiu polo seu éxito nos torneos de debate e que en EE.UU., ademais de exercer de árbitro, tamén debateu e acabou como subcampión da Copa Másteres de Árbitros, aspira a acudir ao congreso do seu partido e defender liñas afastadas dos oficialistas. Él é, por exemplo, dos contrarios a confluír en Galicia en listas co PP. Nin sequera apoia que membros do partido vaian nas candidaturas populares. "O que queira ir co PP, é libre de pedir a baixa no partido e falar con Feijóo do que crea conveniente", defende.

Sostén que nas próximas eleccións, Ciudadanos non ten opcións en Galicia "porque non houbo o traballo adecuado".

Olga Louzao, que onte acudía ao acto de Igea, confirmaba a postura adoptada por Cs en Lugo e recalcaba que se trata de defender un partido participativo, non de cuestionar que Arrimadas teña o liderado neste momento.