Os críticos con Arrimadas representarán a Cs de Lugo no congreso do partido

A agrupación xa aprobara unha emenda á totalidade á proposta de estatutos da dirección
Manuel Maseda, no parque de Rosalía de Castro PEPE TEJERO
photo_camera Manuel Maseda. PEPE TEJERO (EP)

Manu Maseda e José Ántonio Flores, da plataforma Ciudadanos eres tú, serán os compromisarios que representarán á agrupación de Lugo no congreso de Cs.

En Lugo, que votara unha emenda á totalidade á proposta de estatutos elaborada pola dirección, confírmase así a vitoria do sector crítico co modelo de Arrimadas e próximo ao modelo que propugna Francisco Igea.

En Galicia, os críticos fanse, de feito, co 60 por cento dos compromisarios elixidos.

Comentarios