Críticas ao PP por chamar "pintada independentista" a un mural en San Roque

Lugonovo cre que se trata dun "ataque agudo de ignorancia"

El mural del colectivo Madia leva! reproduce un poema de Manuel María dedicado a los Mártires de Carral. EP
photo_camera O mural do colectivo Madia leva! reproduce un poema de Manuel María dedicado aos Mártires de Carral. EP

Lugonovo cualificou como "un ataque agudo de ignorancia" a reacción do Partido Popular ao mural pintado pola asociación Madia Leva! no muro do parque de San Roque, na cidade de Lugo, que está dedicado aos Mártires de Carral e a Manuel María, ao cualificalo como "unha pintada independentista".

"Desautorízase a si mesmo quen non coñece a propia historia de Lugo e a importancia que esta cidade tivo nas loitas do século XIX pola liberdade", lamentou o candidato de Lugonovo á Alcaldía de Lugo, Xosé Chorén.

"Ademais, atreverse a cuestionar a un grande das letras galegas como Manuel María, é simplemente negar a nosa cultura e porlle paus na roda á nosa lingua, un comportamento que, por outra banda, non nos sorprende tendo en conta de quen vén", insistiu.

A formación quixo expresar o seu apoio á liberdade "creativa e de expresión" e, sobre todo, "á cultura sen corpiños", especialmente cando, como sucede neste caso, "a actuación conta con todos os permisos pertinentes".

Comentarios