O Arde Lucus, aínda no aire polo coronavirus

A alcaldesa, Lara Méndez, advirte de que "se non hai garantía sanitarias" suspenderase a festa, aínda que esta debe ser unha decisión "moi meditada"
Comienza el Arde Lucus. S.SENANDE
photo_camera Imaxe alegórica ao comezo do Arde Lucus. S.SENANDE

O Arde Lucus podería anularse en próximas datas se non comeza a esclarecerse unha saída á a crise sanitaria provocada pola pandemia do coronavirus. A edición de nbsp;este ano&está prevista para o último fin de semana de xuño, os días 26, 27 e 28.

En declaracións a Europa Press, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, afirmou que, ante a festa de interese turístico, "vai primar a seguridade" á hora de decidir se se celebra ou non.

"Estamos aínda a dous meses e medio e temos que esperar", manifestou, antes de engadir que "dicir non a este tipo de festa ten que ser unha decisión moi meditada".

O Consistorio lucense aínda non se marca prazos para despexar o futuro do Arde Lucus deste ano, pero Méndez xa avisa "de que se non hai garantías", será preciso "suspendelo". Se hai que cancelar, avanza que "non será fácil". "A situación cambia cada día e temos que ser cautos", apostilou.

"Estamos á espera, o importante agora é non precipitarse", subliñou, antes de concluír que o Arde Lucus é "unha festa moi importante para o tecido empresarial e a economía lucense".

Comentarios