Os traballadores lucenses reclaman "emprego digno" no Primeiro de Maio

CIG, por unha banda, e CC.OO e UXT, polo outro, reclamaron a derrogación da reforma laboral e que o crecemento económico chegue aos traballadores
Las dos manifestaciones convocadas en Lugo por el Primero de Mayo
photo_camera Las dos manifestaciones convocadas en Lugo por el Primero de Mayo

Centos de lucenses sumáronse este luns ás manifestacións separadas convocadas por CC.OO. e UXT, por unha banda, e a CIG, polo outro, para conmemorar o Primeiro de Maio..

A primeira mobilización foi a da CIG, que saíu ás 12.oo horas e na que participaron membros do BNG como o seu portavoz municipal, Rubén Arroxo. A segunda, de UXT e CC.OO, partiu media hora despois tamén desde a casa sindical.

MARCHA CENTRAL. Ambas as centrais esixiron este luns, na mobilización central galega destes sindicatos na Coruña con motivo do Primeiro de Maio, a derrogación da reforma laboral para potenciar a negociación colectiva e acabar cos "contratos lixo".

A manifestación, con 4.000 participantes segundo os sindicatos, arrincou na praza da Palloza da Coruña e terminou na praza de Ourense, ante a Delegación do Goberno en Galicia, sempre tras a pancarta: "Non hai escusas. Emprego estable, salarios xustos, pensións dignas, máis protección social".

O secretario xeral de UXT en Galicia, José Antonio Gómez, esixiu que se derrogue a reforma laboral no Congreso porque "hai unha maioría suficiente para facelo" e pediu aos empresarios que senten para potenciar a "negociación colectiva".

O seu homólogo en CCOO, Xosé Manuel Sánchez Aguión, fixo un chamamento a "pór en valor o activo máis importante da sociedade: a clase traballadora" e apelou ao fin de "os contratos lixo".

VILLARES, BEIRAS E PONTÓN, COA CIG EN VIGO. Varios miles de persoas –en Vigo, unhas 10.000 segundo a Policía Local e unhas 15.000 segundo a organización– participaron nas manifestacións que a Confederación Intersindical Galega (CIG), onde animou a ir a folga xeral para esixir a derrogación das reformas laborais e a recuperación dos dereitos perdidos dos traballadores. 


A manifestación foi convocada nas principais cidades galegas e a central, en Vigo, saíu sobre as 12.00 horas deste luns do cruzamento entre Urzáiz e A Doblada. Contou coa participación da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón; o portavoz de En Marea, Luís Villares; o histórico dirixente nacionalista Xosé Manuel Beiras e o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, entre outros.

No seu discurso final, Seixo denunciou o "ataque" aos dereitos e intereses dos traballadores por parte do capital e as políticas "antisociais e antiobreiras promovidas polos gobernos españois" do PSOE e do PP; e chamou aos diferentes grupos da oposición no Parlamento a "aproveitar" que o PP xa non ten maioría absoluta para "derrogar e tirar abaixo toda esa lexislación regresiva".  

"Denunciamos a actitude das centrais sindicais CC.OO. e UXT de entreguismo e colaboración co poder, que supuxo desmovilizar á clase traballadora e a perda de dereitos", subliñou, antes de engadir que "é necesario" convocar folga xeral. "Aquí sería realmente exitosa", advertiu. Estas palabras foron acollidas polos participantes na mobilización con aplausos e ao berro de "folga xeral, folga xeral".

Comentarios