Copasa, elixida para construír a nova terminal de buses de Lugo

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas publicou a resolución da mesa de contratación da estación de autobuses, que tiña un orzamento de licitación de 19,4 millóns e que Copasa rebaixa ata os 15
Infografía de la futura estación intermodal de Lugo. EP
photo_camera Infografía da futura estación de autobuses de Lugo. EP

A empresa Sociedade Anónima de Obras e Servizos, Copasa, resultou a oferta mellor valorada de entre as 16 presentadas para construír a nova estación de autobuses de Lugo.

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas publicou a resolución da mesa de contratación desta obra, que tiña un orzamento de licitación de 19,4 millóns e que Copasa rebaixa ata os 15.

Quedaron excluídas da valoración tres das firmas licitadoras, ao considerarse que non son viables, mentres que das 13 restantes, entre as que figuraban grandes construtoras como FCC, Dragados ou San José, Copasa obtivo mellor puntuación total ponderada.

As obras desta estación, que se desenvolverán ao mesmo tempo que a de ferrocarril —as cales están en marcha—, terán un prazo de execución de 26 meses.