Convocan unha protesta este domingo en Lugo contra os campionatos de caza de raposo

Tamén piden a dimisión das persoas que autorizaron a competición celebrada en Triacastela e Láncara
Protesta de los animalistas hace unos días en Sarria. VILA
photo_camera Protesta dos animalistas hai uns días en Sarria. VILA

Varias entidades ecoloxistas e animalistas convocaron concentracións este domingo en varias cidades en rexeitamento aos campionatos de caza do raposo, unha especie que consideran "clave" para a biodiversidade e equilibrio do ecosistema.

A protesta, que en Lugo se celebrará ás 12.00 horas na Praza Maior de Lugo, parte da asociación Free-Fox, e está apoiada por AGAE, EQUO Galicia e a Plataforma pola Convivencia Ética coa Fauna Silvestre. 

Nun comunicado, destacan que un gran número de organizacións científicas e ecoloxistas puxeron sobre aviso á Xunta "de modo reiterado" sobre o efecto nocivo das matanzas de raposos sobre á biodiversidade, sobre todo na proliferación de roedores. 

Por todo iso, instan o Goberno galego a prohibir estas prácticas e terminar coa caza a esta especie "imprescindible para a saúde" do medio ambiente. 

Ademais, a Plataforma Con-Ética esixiu a dimisión das persoas responsables da autorización do campionato de caza de raposo celebrado hai uns días en Triacastela e Láncara.

Comentarios