jueves. 24.09.2020 |
El tiempo
jueves. 24.09.2020
El tiempo

Continúa aberto o prazo para os cursos de piragüismo do Club Fluvial

As instalacións do Club Fluvial de Lugo. SEBAS SENANDE
As instalacións do Club Fluvial de Lugo. SEBAS SENANDE
Todos aqueles interesados deberán acudir ás oficinas do Club Fluvial para encher a correspondente solicitude e achegar a documentación necesaria

O Club Fluvial mantén aberto o prazo para apuntarse aos cursos de piragüismo durante a segunda quincena deste mes e a primeira de setembro. Ata o momento, máis de 60 persoas pasaron este verán xa por esta actividade, que leva dezanove anos organizándose e que está aberta a todos os lucenses maiores de 8 anos.

Cada día hai clases para varios grupos de dez ou quince persoas, dependendo das idades. Para inscribirse, é necesario saber nadar e poder remolcar unha piragua a 50 metros da beira. Todos aqueles interesados deberán acudir ás oficinas do Club Fluvial para encher a correspondente solicitude e achegar a documentación necesaria co fin de realizar, entre outros trámites, a solicitude da licenza federativa dado que algúns cursillistas poderían chegar a incorporarse ao equipo da entidade.

O Club Fluvial sinala que esta actividade é perfectamente compatible coa pandemia de Covid-19 dado que é unha disciplina que se practica ao aire libre e tanto nas embarcacións K-1 como K-2 mantéñense as distancias dun metro e medio.

Aínda así, tamén se cumpre todo o protocolo de desinfección. De feito, unha vez que conclúe cada curso, o material empregado é limpado e desinfectado, o que tamén contribúe a garantir en todo momento a seguridade de todos os usuarios.

Continúa aberto o prazo para os cursos de piragüismo do Club Fluvial
comentarios