Os contaxios seguen á alza na provincia, que xa supera os 1.600 casos activos

Nas últimas detectáronse 168 positivos e curáronse 53 persoas 
Un vehículo en el Covid Auto del Hula. SEBAS SENANDE
photo_camera Un vehículo no Covid Auto do Hula. SEBAS SENANDE

O coronavirus mantén a súa tendencia ascendente na provincia de Lugo e este sábado, os casos activos ascenden a 1617, 119 máis que na xornada anterior. Segundo os datos publicados na web da Consellería de Sanidade –ata as 18.00 horas deste venres– nas últimas horas detectáronse 168 novos positivos, unha cifra lixeiramente inferior aos 186 do día anterior.

A presión hospitalaria mantense sen apenas cambios, con 18 hospitalizados, un menos que o venres. En concreto, permanecen en planta once persoas no Hula, cinco na Mariña (-1) e unha en Monforte. Ademais, continúa na unidade de coidados intensivos do Lucus Augusti un mozo de de 27 anos que evoluciona favorablemente.

Desde o inicio da pandemia curáronse na provincia 13.330 pacientes, tras concederse 53 altas en 24 horas,  e perderon a vida 225 persoas, aínda que o Sergas contabiliza 217 ao non incluír algúns decesos que se produciron noutras provincias.

Comentarios