martes. 07.12.2021 |
El tiempo
martes. 07.12.2021
El tiempo

A Consellería de Infraestruturas destina máis da metade do seu orzamento en Lugo a estradas

Ethel Vázquez, acompañada del delegado en Lugo de la Xunta, Javier Arias y un técnico de infraestructuras. VICTORIA RODRÍGUEZ
Ethel Vázquez, acompañada del delegado en Lugo de la Xunta, Javier Arias y un técnico de infraestructuras. VICTORIA RODRÍGUEZ
O corredor da autovía Nadela-Sarria ou o eixo Begonte-Friol-Palas de Rei na LU-231, entre outras obras, sitúanse entre os principais investimentos

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, destacou este luns, nunha rolda de prensa en Lugo, que "máis da metade" do orzamento para esta provincia destínase a estradas —dunha contía que supera os 74 millóns de euros, case 38 millóns—.  "O 50 por cento dos 74,27 millóns da Consellería para gastar na provincia de Lugo van directamente ou ben a conservar ou mellorar ou a ampliar a rede de estradas autonómicas nesta provincia", precisou. 

"Iso significa que apostamos pola articulación territorial, pola competitividade do interior e sobre todo polo noso rural e iso reflíctese tamén nos cocientes, no investimento per cápita na provincia de Lugo que se vai aos 226 euros, en comparación coa provincia da Coruña que son 205 euros previstos per capita", engadiu. 

Vázquez subliñou que "as infraestruturas e a mobilidade son a chave para acceder a moitísimos servizos públicos, e por iso, volven ter un peso importante nos orzamentos para o ano 2022 e teñen unha relevancia notable nas infraestruturas viarias con 38 millóns de euros, que é o que se destina na provincia de Lugo". "Estes orzamentos fan posible impulsar tamén actuacións en seguridade viaria, mobilidade sostible, que é no que vén traballando desde hai tempo", abundou. 

Seguidamente, contrapuxo que, "a pesar de que este ano os orzamentos da Xunta teñen os fondos extraordinarios de reconstrución, o certo é que os criterios establecidos polo Goberno de España pasan por investir eses fondos de reconstrución nos concellos de máis de 50.000 habitantes".

"UNHA OPORTUNIDADE PERDIDA". Así, afeou que "polo que traslada o Ministerio de Transporte, eses fondos de reconstrución están a ser unha oportunidade perdida para vertebrar o rural de Galicia e o interior de Galicia". "Só podemos investir eses fondos europeos na cidade de Lugo, nos concellos de máis de 50.000 habitantes (a cidade de Lugo é o único que supera eses habitantes)", queixouse. 

En canto aos principais investimentos, diríxense ao corredor da autovía Nadela-Sarria, con case oito millóns de euros, ou ao eixo Begonte-Friol-Palas de Rei na LU-231 cun investimento de tres millóns, entre outras obras, detallou a conselleira, quen compareceu acompañada do delegado en Lugo da Xunta, Javier Arias e un técnico de infraestruturas. 

A Consellería de Infraestruturas destina máis da metade do seu...
comentarios