O condutor dun patinete eléctrico dá positivo en tres drogas diferentes

Os filtros de seguridade viaria que se realizaron o pasado fin de semana saldáronse con dez condutores denunciados. Unha muller resultou ferida este martes nunha colisión por alcance ocorrida na N-6
Un control de la Policía Local de Lugo, en una imagen de archivo. EP
photo_camera Un control de la Policía Local de Lugo, en una imagen de archivo. EP

Os filtros de seguridade viaria que se realizaron o pasado fin de semana na Lugo&con strong <>dez condutores denunciados por dar positivo en alcol e tres en drogas. Un destes últimos conducía un patinete eléctrico pola rúa Río Cabe e deu positivo en cocaína, opiáceos e anfetaminas. Tamén foron denunciados tres condutores sen carné. 

Ademais, o pasado sábado unha patrulla da Policía de Barrio auxiliou a unha moza que caeu doutro patinete sobre as sete e media da tarde do sábado, cando circulaba pola Rúa Progreso. A muller foi trasladada ao Hula nunha ambulancia do 061 para a súa valoración completa. O patinete sufriu importantes danos materiais.

Durante a noite do sábado ao domingo, unha patrulla da Policía Local denunciou a dúas persoas por ouriñar na vía pública. Unha foi sorprendida ás 4.55 na Rúa Clérigos, cando miccionaba contra un edificio, e a outra ás 5.05 horas, en Ramón Ferreiro. Os dous infractores afrontan multas de ata 900 euros.

Ferida leve unha muller ao chocar dous coches na N-6

Unha muller resultou ferida este martes nun accidente de circulación rexistrado sobre as dúas do mediodía no quilómetro 511,400 da estrada N-6, no termo municipal de Lugo. O sinistro consistiu na colisión por alcance de dous turismos. Ata o lugar desprazáronse os efectivos do subsector de Tráfico da Garda Civil.

Comentarios