Un condutor implicado nun accidente en Lugo case cuadruplica a taxa máxima de alcol

O seu vehículo chocou con outro na Avenida de Alfonso X

Un condutor que se viu implicado nun accidente de tráfico con outro vehículo rexistrado en Lugo na madrugada do xoves ao venres rexistrou unha taxa de alcol que case cuadriplica a máxima permitida ao ser sometido ao correspondente control por parte da Unidade de Atestados da Policía Local. En concreto, o resultado do test foi de 0,89 miligramos de alcol por litro de aire expirado.

O sinistro produciuse na Avenida de Alfonso X, na zona do campus. Ao chegar ao lugar do sinistro, os axentes decatáronse de que un dos condutores presentaba síntomas de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas. Tras realizar as probas, os axentes tramitaron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria.