Un condutor ferido nun accidente quintuplica a taxa máxima de alcol permitida

No sinistro víronse implicados tres vehículos
Vehículo de atestados. ARCHIVO
photo_camera Vehículo de atestados. ARQUIVO

Un condutor que resultou ferido nun accidente de tráfico con tres vehículos implicados na cidade de Lugo quintuplicou a taxa máxima de alcol permitida. 

Atendendo á información divulgada pola Policía Local de Lugo, na mañá do sábado un equipo de Atestados desprazouse á estrada de Santiago porque se produciu un accidente de circulación no que estaban implicados tres vehículos, con resultado de danos materiais e un condutor ferido. 

Ese condutor, nas probas ás que foi sometido nun etilómetro de mostra, deu un resultado de 1,29 miligramos de alcol por litro de aire. A Policía Local subliña que se trata da "taxa de alcol máis alta no que vai de ano", ao supoñer "máis de cinco veces a máxima establecida". 

Ao non ser posible efectuar as probas nun equipo de precisión debido ao traslado do condutor ferido ao Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula), o instrutor do atestado solicitou unha orde xudicial para realizar unha analítica de sangue.