jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

Un condutor ebrio foxe co seu coche inmobilizado e provoca un accidente 

Zona de Fontiñas en la que se produjo el accidente. GOOGLE MAPS
Ronda das Fontiñas.
Tras o sinistro intentou escapar e negouse a repetir a proba de alcoholemia

Un condutor ebrio, que triplicou a taxa de alcol permitida pola lei ao ser sometido á proba por axentes da Policía Local, fixo caso omiso á orde de inmobilizar o seu vehículo, provocou un accidente de circulación e intentou darse á fuga en Lugo. 

Sucedeu ás 21.30 horas deste martes, cando axentes da unidade de atestados se desprazaron á rúa Tui, avisados por efectivos da Policía Nacional, que viron como un condutor cometía unha infracción de tráfico

Os axentes da Policía Local comprobaron que o condutor presentaba síntomas evidentes de ter bebido, polo que o someteron á proba de alcoholemia, na que deu unha taxa de 0,98 miligramos de alcol por litro de aire expirado. 

Ademais de iniciar dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria, o vehículo que conducía foi inmobilizado nese mesmo lugar. 

Con todo, ás 0.40 horas, a sala operativa do 092 recibiu aviso dun accidente de tráfico na ronda das Fontiñas, así como de que o suposto responsable do sinistro intentaba darse á fuga

De inmediato, unha patrulla da Policía de Barrio desprazouse ao lugar indicado e interceptou o condutor, que resultou ser o mesmo cuxo vehículo quedara inmobilizado ás 21.30 horas na rúa Tui. 

Como seguía mostrando síntomas de estar bébedo, intentaron que se sometese de novo á proba de alcoholemia, pero negouse a colaborar

Por iso, instruíron dilixencias tamén por negarse a ser sometido á proba de alcoholemia, de modo que figura como imputado por dous delitos, cuxa responsabilidade será dirimida mediante un xuízo rápido

A maiores, o condutor tamén foi denunciado por quebrantar a orde de inmovilización do vehículo, polo que terá que abonar 200 euros de multa e perderá catro puntos do seu permiso de conducir.

Un condutor ebrio foxe co seu coche inmobilizado e provoca un...
comentarios