Un condutor que circulaba de forma "irregular" en Lugo cuadruplica a taxa máxima de alcol

Outra persoa que deu positivo enfróntase tamén a unha sanción por incumprir o toque de queda

Patrulla de la Policía Local. AEP
photo_camera Patrulla da Policía Local. AEP

Un condutor cuadruplicou a taxa máxima de alcol permitida ao ser sometido á correspondente proba, despois de que a Policía Local de Lugo o interceptase polo forma "irregular" de conducir polo centro urbano.

Segundo informou a Policía Local, sucedeu o pasado venres ás 17.55 horas, cando unha patrulla da Policía de Barrio viu o coche pola Avenida da Coruña, á altura da confluencia coa Rúa Dolmen.

Ao darlle o alto, os axentes comprobaron que o condutor presentaba síntomas evidentes de que bebera, polo que foi sometido á correspondente proba, na que deu unha taxa positiva de 1,07 miligramos de alcol por litro de aire expirado.

Por iso, foi trasladado á Unidade de Atestados da Policía Local, onde se instrúen dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria, pola modalidade de xuízo rápido.

OUTRO CASO. Ademais, a Policía Local interceptou na medianoite do pasado domingo a outro condutor que tamén presentaba síntomas de ter bebido e que na proba deu unha taxa de 0,87 miligramos de alcol por litro de aire expirado, tres veces máis do permitido.

Ademais, tanto o condutor como as dúas persoas que viaxaban con el foron denunciadas por quebrantar o toque de queda, cunha proposta de sanción de 500 euros para cada un deles.