jueves. 09.07.2020 |
El tiempo
jueves. 09.07.2020
El tiempo

Un condutor bebido que non se tiña en pé recorre a condena

Control de alcol e drogas realizado o pasado 1 de xaneiro na capital lucense. SEBAS SENANDE
Control de alcol e drogas realizado o pasado 1 de xaneiro na capital lucense. SEBAS SENANDE
Negouse ao test de alcoholemia e alegou que só se tivo en conta a súa "deambulación titubeante" e a "halitosis alcohólica", pero non a "expresión verbal normal". O tribunal ve síntomas suficientes

Un condutor condenado por conducir ebrio e negarse a realizar a proba de alcoholemia recorreu a sentenza alegando que os axentes só tiveron en conta algúns síntomas de embriaguez, pero non valoraron aspectos que lle eran favorables, como que “falaba ben”. A Audiencia admitiu o recurso, pero concluíu que o acusado presentaba sintomatología suficiente como para afirmar que estaba en estado de embriaguez e por iso confirmou a pena.

O xulgado do Penal número 2 de Lugo condenou ao home a unha multa e retirada de carné como autor dun delito contra a seguridade viaria -de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas- en concurso cun delito de negativa a realizar as probas de detección alcohólica. A condena baseouse na dilixencia do ateigado que recollía a sintomatología que presentaba cando lle deron o alto nun control.

Na vista oral, os tres axentes que prestaron declaración recoñeceron que non recordaban todas as circunstancias concretas deste caso, “pola infinidade de probas que realizan”, pero se ratificaron no ateigado e afirmaron que esa sintomatología era “moi evidente” e que por iso o fixeron constar. Segundo explicaron, o condutor presentaba “apatía, conjuntiva lixeiramente hemorrágica e halitosis alcohólica forte de cerca”. Ademais, tiña “fala pastosa” e “deambulación titubeante”.

O acusado recorreu a sentenza ante a Audiencia Provincial de Lugo, alegando que o fallo non valoraba aspectos que lle eran favorables, “como os datos de pupilas sin nada significativo e de expresión verbal normal”, expuxo. O tribunal analizou o caso e deulle a razón ao xuíz do Penal 2, ao entender que tiña síntomas suficientes para condenalo.

Un condutor bebido que non se tiña en pé recorre a condena
comentarios