Queda durmida mentres conducía e esperta no seu coche envorcado no Rato

A Policía Local recuperou do río o bolso da muller e someteuna ás probas de alcol e drogas, nas que deu negativo
cochecocherato
photo_camera El turismo accidentado tras ser rescatado del río por una grúa. EP

Unha condutora resultou ilesa tras quedar durmida ao volante e acabar co seu turismo no río Rato, coas catro rodas cara arriba. A Policía Local auxiliou á muller, que deu negativo en alcol e drogas, e recuperou o seu bolso e o seu abrigo, que saíron despedidos do coche no accidente e quedaron na canle do río.

Os feitos sucederon sobre as dúas da madrugada, cando o Equipo de Atestados desprazouse ata o Paseo do Rato, tras ter coñecemento de que se produciu un accidente de circulación.

Ao chegar ao lugar, os axentes observaron como vehículo sufrira unha saída de vía, “impactando contra o valo de protección do paseo e realizando un envorco total de tonel”, O vehículo accidentado quedou apoiado sobre o leito do río, coas catro rodas cara arriba.

A pesar do envorco, a condutora resultou ilesa. A muller explicoulles aos axentes que viaxaba en dirección á estrada de Fonsagrada, cando quedou durmida e ao espertar xa se atopaba no río. Tal e como confirmou o portavoz policial, a condutora foi sometida ás probas de detección alcohólica e de presenza de drogas no organismo, “arroxando en ambas un resultado negativo”.

O vehículo foi recuperado por unha guindastre especial con pluma e os axentes recuperaron do río o bolso da condutora, coa súa documentación e o teléfono móbil, así como unha peza de strong <>abrigo, que lle foron entregadas posteriormente ao propietaria.
 

Comentarios