Conduce ebrio, co carné retirado e protagoniza un aparatoso accidente en Camiño Real

Presentaba unha taxa de alcol case seis veces superior á permitida por lei
Uno de los arrestos se produjo en plena vía pública, en Camiño Real. AEP
photo_camera Camiño Real. AEP

Un condutor co permiso retirado por resolución xudicial deu unha taxa de alcol case seis veces superior á permitida pola lei logo de protagonizar un aparatoso accidente de circulación na cidade de Lugo. Sucedeu a última hora da tarde deste martes, cando a unidade de Ateigados da Policía Local de Lugo acudiu a Camiño Real como consecuencia e un accidente, dado que un vehículo chocara contra outros dous automóbiles estacionados nesa rúa.

Ao chegar ao lugar do accidente e identificar ao condutor, os axentes decatáronse ao momento de que estaba totalmente ebrio, polo que foi sometido ao correspondente control. Deu unha taxa de 1,34 miligramos de alcol por litro de aire expirado, case seis veces máis do permitido.

Ao comprobar que tampoco tiña permiso de conducir, os axentes instruíron dilixencias por dous delitos contra a seguridade viaria que foron remitidas ao xulgado de garda. O seu vehículo quedou inmobilizado. 

Comentarios