Condenados tres mozos por darlle unha malleira a outro ás portas dun pub da capital

O xulgado do Penal número 2 de Lugo impuxo este luns sendas penas de tres meses de prisión a tres mozos -con iniciais R.M.C., C.L.V. e I.A.C.- acusados de darlle unha malleira a outro ás portas dun pub da capital lucense.

Os acusados recoñeceron que o 26 de maio de 2017, sobre as cinco e media da madrugada, discutiron con outro mozo dentro dun establecemento. O porteiro sacou ao mozo do local e os acusados seguírono ata a rúa, onde lle propinaron multitude de patadas e puñadas. A vítima sufriu unha contusión importante no nariz e unha ferida na cara, na que lle tiveron que colocar varios puntos de sutura. O fiscal pedía para as acusados sendas penas de 21 meses de cárcere, pero as partes chegaron a un pacto.