Condenado por vender un coche ao que trucou os quilómetros e baixoulle case 200.000

O fiscal pedía inicialmente un ano de cárcere, pero as partes chegaron a un acordo para rebaixala

O juzado do Penal número 2 de Lugo condenou a un home acusado dun delito de estafa por vender un coche ao que lle trucara o contaquilómetros e baixoulle preto de 200.000.

O acusado, M.C.M., vendeu en xaneiro de 2016 unha Volkswagen Passat con 147.500 quilómetros por un prezo de 1.750 euros. Con todo, o comprador descubriu que, na última ITV que pasara, o vehículo marcaba 339.027 quilómetros.

Segundo consta no escrito do fiscal, o coche tería entón un valor de 640 euros. O fiscal pedía inicialmente un ano de cárcere, pero as partes chegaron a un acordo para rebaixala.

Comentarios