jueves. 09.12.2021 |
El tiempo
jueves. 09.12.2021
El tiempo

Condenado por triplicar a taxa de alcoholemia cando conducía de madrugada

Imagen de una prueba de alcoholemia. PIXABAY
Imaxe dunha proba de alcoholemia. PIXABAY
O fiscal solicitaba 4.320 euros de multa e dous anos e medio de retirada de carné, pero ambas as partes acordaron a rebaixa da pena 

Un lucense foi condenado este mércores no Penal 2 por conducir bébedo. O home recoñeceu que circulaba ao volante do seu turismo sobre as doce da noite do 2 de novembro de 2016 e unha patrulla da Policía Local deulle o alto.

O home foi sometido á proba de alcoholemia e arroxou unha taxa de 0,70 miligramos por litro de aire expirado, case o triplo do permitido. O fiscal pedía 4.320 euros de multa e dous anos e medio de retirada de carné, pero as partes chegaron a un acordo para rebaixar a condena.

Condenado por triplicar a taxa de alcoholemia cando conducía de...
comentarios