Condenado en Lugo un militar por ensinar mensaxes da súa parella e dicir que "zorreaba"

Controláballe o móbil e prohibíalle traballar con compañeiros homes ► A Audiencia impúxolle un ano de cárcere por revelación de segredos
El juicio por este caso se celebró en la Audiencia Provincial de Lugo. AEP
photo_camera Sede de la Audiencia de Lugo. ARCHIVO

A Audiencia Provincial de Lugo impuxo unha condena dun ano de prisión a un militar acusado de controlar continuamente á súa parella e ensinarlle a outras militares mensaxes do móbil da muller mentres lles dicía que "andaba zorreando".

Segundo quedou recollido na sentenza, a parella mantivo unha relación sentimental durante catro anos, da que naceron dous fillos. Desde que a muller quedou embarazada do segundo neno ata que finalizou a relación, no ano 2016, o acusado mantivo unha comportamento "posesivo e celoso". O home controlaba constantemente o teléfono da súa compañeira e obrigábaa a enviarlle mensaxes para dicirlle onde se atopaba en cada momento e o que estaba a facer. O control que exercía o acusado sobre a súa parella era tan esaxerado que tiña controlados os tempos de todas as tarefas que realizaba a muller e impedíalle incluso que tivese contacto cos seus pais. Igualmente, obrigábaa a cambiar as quendas de traballo cando lle tocaba con certos compañeiros homes.

O xuíz explica no fallo que o home obrigaba á súa parella a deixar sempre o móbil á vista para poder comprobar en todo momento quen a chamaba e con quen se comunicaba a través de mensaxes. Ademais, o home entrou no Whatsapp da súa parella, "vulnerando intencionadamente a súa intimidade", e leu varias conversacións, chegando incluso a mostrarllas ás súas compeñeros de traballo mentres lles facía comentarios despectivos, como que ela "andaba por aí zorreando".

Inicialmente, o Penal 1 condenou ao home por un delito de acoso e outro delito contra a intimidade impóndolle un ano de cárcere por cada un. O acusado recorreu a condena e a Audiencia Provincial absolveuno do acoso, "xa que só adquirirán relevancia penal as condutas que limiten a liberdade de obrar do suxeito pasivo, sen que o mero sentimento de temor ou molestia sexa punible; extremo que a sala estima que non concorre no presente caso", apunta.

O tribunal confirma con todo a condena por un delito de descubrimento e revelación de segredos, "ao quedar probado que o acusado ensinou aos seus compañeiros diversos mensaxes, enviados ou recibidos pola denunciante, que pretendían acreditar que a muller tiña outra relación de parella, acompañados en ocasións de comentarios referidos a que estaba zorreando". Esta exhibición -apuntan os xuíces- "integra o tipo penal que protexe a intimidade, máxime cando o home non se limitaba a tomar coñecemento de tales mensaxes, que non ían dirixidos a el, senón que levaba a cabo unha exhibición pública dos mesmos".

O acusado non poderá achegarse á denunciante durante dous anos
Ademais da pena dun ano de prisión, o tribunal provincial impúxolle ao acusado unha multa de 1.080 euros, así como a prohibición de achegarse ou comunicarse coa súa parella por calquera medio por un período de dous anos.

Diante dos seus fillos. A sentenza explica que o home lle revisaba o teléfono móbil á súa compañeira constantemente, tanto no domicilio familiar como no seu lugar de traballo, algunhas veces en presenza dos dous fillos da parella, menores de idade.

Comentarios