Condenado un ancián que esixiu un cambio de médico a bastonazos

Centro médico de O Valadouro. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Foto de ARQUIVO

Un home de 78 anos foi condenado a pagar unha multa de 180 euros por ameazar a unha traballadora dun centro de saúde que lle dixo que non podía cambiar de médico sen realizar os trámites correspondentes. O home recorreu a sentenza do xulgado de instrución, pero a Audiencia Provincial confirmouna.

Tal e como se recolle no fallo, o 16 de maio de 2018, cando a denunciante se atopaba no seu posto de traballo nun centro médico da Seguridade Social, o acusado esixiulle "de malos modos" cambiarse de médico. A muller explicoulle que as normas non permitían facer ningún cambio sen antes realizar os trámites administrativos pertinentes, pero o ancián "non entrou en razón" e gritoulle: "Isto vouno a arranxar a paus", á vez que golpeaba o mostrador de xeito violento co seu bastón. Ela e as súas compañeiras tiveron que apartarse para non ser golpeadas.

Comentarios