Condenada a pagar 450 euros por darlle unha puñada na boca á súa curmá

Os feitos sucederon o 12 de marzo de 2018
Juzgados de Lugo. AEP
photo_camera Xulgados de Lugo. AEP

Unha muller foi condenada a pagar 450 euros por propinarlle unha puñada na boca á súa curmá e darlle unha patada ao seu vehículo.

Segundo a sentenza, os feitos sucederon o 12 de marzo de 2018, cando as dúas mulleres discutiron nas inmediacións do domicilio da acusada. Ademais da multa, a agresora terá que indemnizar á vítima en 198 euros polas lesións e 298 polos danos.