Condenada unha lucense que cobrou 400 euros pola venda dun computador que non entregou

A acusada negou os feitos e recorreu a sentenza ante a Audiencia Provincial de Lugo, pero a sala conclúe que as súas declaracións resultaron "inverosímiis"
La Audiencia Provincial de Lugo, donde se confirmó el fallo. AEP
photo_camera A Audiencia Provincial de Lugo. AEP

Unha lucense foi condenada como autora dun delito leve de estafa por cobrar 400 euros pola venda dun computador que nunca chegou a entregar. O xuíz impúxolle unha multa de 180 euros e a obrigación de indemnizar á afectada.

Segundo quedou recollido na sentenza, o 16 de xuño de 2017, a denunciante contactou cunha persoa por teléfono para comprar un computador e fixaron un prezo de 400 euros. A compradora ingresou o diñeiro nunha conta bancaria, da que era titular a acusada, pero non recibiu o artigo.

Tal e como sinala o xuíz, a acusada "actuou concertadamente coa persoa que falou por teléfono coa denunciante" para fixar as condicións, que non chegou a ser identificada.

A acusada negou os feitos e recorreu a sentenza ante a Audiencia Provincial de Lugo, pero a sala conclúe que as súas declaracións resultaron "inverosímiis" e recalca que o diñeiro da compradora foi ingresado nunha conta ao seu nome, polo que confirma a condena ditada polo xulgado.