viernes. 03.12.2021 |
El tiempo
viernes. 03.12.2021
El tiempo

Concentración en Lugo en contra do peche da gardería de Afundación

Padres y niños, durante la concentración ante la oficina principal de Abanca en Lugo
Padres y niños, durante la concentración ante la oficina principal de Abanca en Lugo
Os pais, molestos tras ser cancelada a reunión prevista para este xoves co presidente da antiga obra social das caixas

Os pais afectados polo peche da gardería do Sagrado Corazón en Lugo concentráronse na tarde deste xoves para expresar o seu rexeitamento decisión adoptada por Afundación, a antiga obra social das caixas galegas, que é a propietaria do centro.

Os afectados concentráronse ante a sede de Abanca, na Praza Maior de Lugo, onde estiveron acompañados por algúns dos menores.

A concentración, convocada poucas horas antes, tiña un segundo motivo de protesta. E é que Afundación cancelou a reunión anunciada para este xoves con Miguel Ángel Escotet, presidente de Afundación e director de Responsabilidade Social Corporativa e Comunicación de Abanca.

Segundo os afectados, os representantes de Abanca intentan reunirse por separado coas familias "para recolocar aos nenos noutras garderías privadas", pero os pais "consideran que non cumprirán os requisitos da actual".

Os pais reuniron máis de 2.500 firmas en contra do peche desta escola infantil. Segundo especifica Afundación, as directamente afectadas son once familias.

O alcalde cesante de Lugo, José López Orozco, participou tamén na concentración, como medida de apoio e reiterando o rexeitamento do Concello a este peche. Con el estiveron outros membros do actual goberno local en funcións.

Concentración en Lugo en contra do peche da gardería de Afundación
comentarios