O Concello volve teletraballar tras detectarse varios casos de covid en dependencias municipais

O goberno de Lugo toma esta medida "co fin de compatibilizar a salvagarda do persoal coas prestacións á cidadanía

Un hombre teletrabajando. EUROPA PRESS
photo_camera Un home teletrabajando. EUROPA PRESS

O goberno local tomou a decisión de implantar de novo o teletraballo no Concello de Lugo para protexer, na medida do posible, a saúde do persoal municipal ante esta nova onda da pandemia e o incremento de casos de covid-19 na cidade.

A edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, asinou na mañá deste xoves o decreto para regular a prestación de servizos á cidadanía baixo esa modalidade, de modo que unha parte dos empregados públicos do Concello poderán traballar desde os seus domicilios.

Desa forma, precisa o goberno local, garántese o normal funcionamento da administración local en todos os seus ámbitos de actuación.

A decisión do equipo de goberno produciuse despois de que se rexistrasen varios casos de covid-19 en diferentes dependencias municipais.

"Logo da detección deses contaxios e tendo en conta a evolución da pandemia na cidade, pareceunos oportuno ou incluso aconsellable implantar de novo o sistema de teletraballo, co fin de compatibilizar a salvagarda do persoal coas prestacións á cidadanía", dixo Alvarellos.

Comentarios