O Concello de Triacastela remata as obras de adecuación da contorna do centro de saúde

A actuación enmárcase no Plan Único da Deputación de Lugo e supuxo un investimento de 33.750 euros
O centro de saúde de Triacastela. EP
photo_camera O centro de saúde de Triacastela. EP

O goberno local do Concello de Triacastela vén de rematar as obras de adecuación da contorna do centro de saúde. A actuación enmárcase no Plan Único rubricado entre as administracións locais e a Deputación de Lugo e supuxo un investimento de 33.750 euros.

En concreto, as obras supuxeron a renovación do firme exterior do centro de saúde, así como o reacondicionamento do parque infantil do que poderán gozar todos os nenos.

Tamén se fixo unha zona de aparcamento para que os vehículos se poidan resgardarse da chuvia ou do sol e dotouse dunha varanda. A actuación foi executada pola empresa Jesús y Páramo S.L. 

Comentarios