O Concello xa ten os terreos para as caldas e anuncia que serán de acceso gratuíto

EPSON MFP image
photo_camera Anteproxecto das termas no Paseo do Miño. EP

O Concello de Lugo asinou este luns coa Fundación Feiras e Exposicións de Lugo a cesión por parte desta de 84.000 metros de terreo á beira do recinto feiral, na Avenida Fábrica da Luz, fronte ao Club Fluvial.

A cesión foi acordada polo padroado, cos pertinentes informes técnicos do Concello de e a abstención dos representantes da Xunta e do Partido Popular, unha decisión que a alcaldesa lucense, Lara Méndez, criticou. "Non podemos máis que lamentar a baixeza de miras dos cargos do PP, empeñados en boicotear calquera decisión que tome este equipo de goberno independentemente dos prexuízos que se lle ocasionen á veciñanza e ao futuro do municipio", afirmou a rexedora.

Lara Méndez tamén anunciou que as caldas serán de acceso gratuíto. As instalacións non serán de auga mineromedicinal senón de auga de traída que se quentará, xa que o fin é lúdico. Confirmou que o anteproxecto ten os catro permisos sectoriais necesarios, incluído o da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Comentarios