O Concello repartirá hoxe 100 castiñeiros máis tras o éxito do boletín Lugo Cidade Viva

Entregaranse ata que se esgoten, no invernadoiro da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, entre as 18.00 e as 19.00
Castaños. LUGO CIDADE VIVA
photo_camera Castiñeiros. LUGO CIDADE VIVA

O Concello Lugo repartirá a partir deste luns 100 exemplares máis de castiñeiro, procedentes do bosque urbano de As Gándaras, despois do éxito alcanzado coa iniciativa anterior na que se agasallou con 450 plantas aos primeiros subscritores do boletín municipal Lugo Cidade.

As persoas que se interesaron polas árbores foron moitas máis, polo que agora poderán recoller un exemplar.

Serán entregados desde este luns e ata que se esgoten, no invernadoiro da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, entre as 18.00 e as 19.00 horas.

Con este boletín electrónico, o Concello pretende achegar á cidadanía actualidade e información sobre actuacións e propostas de vangarda no ámbito do medio ambiente e a loita contra o cambio climático.

Baixo o título Lugo Cidade Viva, a newsletter terá unha periodicidade quincenal e abordará cuestións relacionadas coas noticias prácticas e políticas de desenvolvemento urbano sostible que se executa na actualidade no municipio de Lugo e no resto de cidades referentes do mundo.

PÁXINA WEB. O proxecto conta ademais cunha páxina web a través da cal os interesados poderán abonarse ao boletín: lugocidadeviva.gal e tamén dispón de perfís na Facebook /lugocidadeviva Instagram \lugocidadeviva os que se comparte contido relacionado coa temática ambiental.

Esta newsletter sumarase ás campañas de concienciación que o Goberno local está a realizar nos centros educativos, con apoio do campus Terra no marco do proxecto Life Lugo + Biodinámico, para que desde a infancia os nenos de Lugo queiran e protexan o medio natural.

O proxecto Life, liderado polo Concello de Lugo, está cofinanciado ao 80 por cento con fondos da Unión Europea, e no participan tamén a Deputación de Lugo, xunto coa Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade Politécnica de Madrid.

Comentarios