O Concello renova o asfalto das rúas Ouriol, Garza e Tras do Colexio

A intervención supón un investimento por parte do Concello dun total de 38.096 euros
Arroxo y Penas visitaron las obras en el barrio de As Gándaras. EP
photo_camera Arroxo y Penas visitaron las obras en el barrio de As Gándaras. EP

O tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, informou este martes durante unha visita ao barrio das Gándaras xunto co concelleiro de infraestruturas, Alexandre Penas, do inicio dos traballos de renovación de tres novos viarios na zona, en concreto nas rúas Ouriol, Garza e Tras do Colexio. Esta intervención supón unha investimento por parte do Concello dun total de 38.096 euros para o asfaltado conxunto destas tres rúas, xunto co Camiño das Regas e a Pista da Fervedoira.

"Trátase dunha actuación que complementa ao traballo executado o pasado verán, co obxectivo de avanzar na renovación integral deste barrio da cidade", explicou Arroxo. "Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e das zonas periurbanas, mellorando a calidade de vida das veciñas e veciños que a diario utilizan estas rúas", engadiu.

Durante o ano pasado, o Goberno de Lugo realizou unha importante intervención nas Gándaras, renovando o asfalto das rúas Vagalume, Bolboreta, Paporrubio, Galo, Gaivota, Toledo, Areas, Rola, Camiño de Gustavo e Pombo, ademais dos ramais de acceso da Rúa da Rola a Avenida Adolfo Suárez, Bolboreta a Monte Pía Páxaro e Adolfo Suarez á Urbanización Castro Gil. Os traballos consistiron na aplicación dunha nova capa de rodaxe baseada en mestura asfáltica en quente, que asegurará un selado do firme ante a acción da auga e unha prolongada duración da actuación, e na renovación da sinalización horizontal, que se mellorou nas cruces complicados.