O Concello regalará libros en galego para celebrar o día das Letras

Un espectáculo multidisciplinar e a retransmisión de varios concertos protagonizan os actos organizados pola área de Cultura do Concello
Ferreiro e Arroxo. EP
photo_camera Ferreiro e Arroxo. EP

As actividades do día das Letras Galegas organizadas polo concello de Lugo comezarán o 15 de maio, segundo explicou a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción Económica, Maite Ferreiro, que presentou o programa xunto ao tenente de alcalde Rubén Arroxo. 

O auditorio Gustavo Freire albergará o día 15 a partir das 20.30 horas un espectáculo multidisciplinar adicado a Xela Arias. A actuación contará con tres disciplinas artísticas: unha parte poética, unha fotográfica e unha musical.

A parte poética do espectáculo está comisionada por Tamara Andrés e contará coa participación de Estíbaliz Espinosa, Nuria Vil, Helena Salgueiro e Vanessa Glemsel, poetas contemporáneas galegas relacionadas coa música, a fotografía e a performance. A banda da loba encargarase da parte musical.

REDES SOCIAIS. As redes sociais da área de Cultura amosarán as actuacións de seis grupos lucenses entre o 15 e o 17 de maio, baixo o ciclo En Galego ao teu ritmo. Cada día emitiranse dous concertos de música en galego,

O día das Letras Galegas, o 17 de maio, a área de Cultura agasallará un libro en galego a aquelas persoas que se acheguen á praza Maior entre as 12 e as 14 horas.

"Quixemos repetir esta actividade que foi un éxito no pasado Día do Libro, achegando as obras editadas polo Concello a todas as veciñas e veciños", explicou afirmou Maite Ferreiro.

Comentarios