Concello e El Progreso entregan os premios aos traxes de Arde Lucus

Os galardoados recibiron produtos gastronómicos da provincia e vales de compra
De izquierda a derecha, José María Álvarez, Inés Suárez, Esteban Patiño, Joaquín Fernández, Maite González, Esther Pacheco y Beatriz Valín. VICTORIA R.
photo_camera De esquerda a dereita, José María Álvarez, Inés Suárez, Esteban Patiño, Joaquín Fernández, Maite González, Esther Pacheco e Beatriz Valín. VICTORIA R.

Sumarse caracterizado á festa do Arde Lucus, declarada de interese turístico nacional, ten tamén a súa recompensa. O Concello de Lugo e o diario El Progreso entregaron este xoves os premios do concurso que convocan para incentivar a participación nesta celebración de recreación histórica que desde hai 18 anos dá a benvida ao verán na capital lucense, en xuño.

Nesta edición os premios foron en dúas categorías. Un individual, que recaeu en Maite González, e outro de grupo, que distinguiu ao formado por Esther Pacheco, Joaquín Fernández, Beatriz Valín, José Luís López, Olga Ventosinos e Emilio Vázquez.

Nestes galardóns, que contan coa colaboración de Torre de Núñez, Vía Romana, o centro comercial As Termas e Asoporcel, participaron os centos de persoas que, caracterizadas, fotografáronse na caseta que El Progreso tivo no centro da cidade durante as festas.

Caracterízome desde que empezou fai 18 anos. Aínda conservo o primeiro traxe, que seguen usando familiares meus

O premio individual consta dunha cea para dúas persoas no restaurante Mesón de Alberto; un xamón Torre de Núñez; unha caixa de viño e un vale de 100 euros para comprar nas Termas.

Maite González é unha habitual do Arde Lucus. Esta lucense, que asegurou que lle causou "moita alegría" a concesión do premio, participou, e fíxoo caracterizada, nas 18 edicións desta festa de recreación histórica.

A gañadora na categoría individual recordaba este xoves que aínda conserva o primeiro traxe de romana que confeccionou na primeira edición, en 2002, coas teas que lle facilitou entón o Concello. Ese vestido vai pasando de man en man polos seus familiares e o pasado mes de xuño luciuno unha curmá súa vinda da Coruña.

Participo de romano no Arde Lucus desde que refresé de México hai tres anos. Este premio foi unha sorpresa

No premio colectivo a cea é para dez persoas, ao xamón súmanse dez lotes de diferentes tipos de embutidos e o importe do vale de compra é de 150 euros.

AMIGOS E RETORNADOS. O grupo distinguido está constituído por seis amigos. Catro son lucenses e dous mejicanos. Joaquín Fernández e a súa esposa Esther Pacheco caracterízanse nesta festa desde que hai tres anos regresaron deste país de América do Norte. Él, sempre de romano, dixo que lle sorprendeu o premio porque "non sabía que entraba en concurso".

Ademais da amizade, este matrimonio ten en común co formado por José Luís López e Beatriz Valín, que tamén son retornados. Esta parella participa no Arde Lucus desde a súa volta a Lugo en 2006. Residía en Xersei, illa de dependencia británica situada na Canle da Mancha.

Comentarios