O Concello mellora a accesibilidade do parque de Ronda do Carme

Penas explicou que está a renovarse a pavimentación da zona verde, "moi desgastada polo crecemento das árbores"
Alexandre Penas y Arroxo en Fonte dos Ranchos. EP
photo_camera Alexandre Penas y Arroxo visitaron las obras. EP

A concellaría de infraestruturas urbanas está a realizar obras no parque da Ronda do Carme, na unión desta vía con Fonte dos Ranchos para mellorar a súa accesibilidade. "Estamos a traballar na mellora da pavimentación desta zona verde, debido a que o crecemento das árbores produciron levantamentos no chan presente ata o momento", explicou este domingo o edil Alexandre Penas.

Con estas obras que se están executando na zona de tránsito peonil do parque preténdese, segundo indicou Alexandre Penas, "garantir a maior accesibilidade para a veciñanza, especialmente no caso de persoas de mobilidade reducida".

O edil de infraestruturas asegurou que así se dá "solución a unha reclamación importante para a veciñanza desta zona da cidade" e destacou o papel que xoga esta a a hora de planificar o traballo desta concellaría. "As veciñas e veciños coñecen de primeira man a zona na que viven e as súas reclamacións e solicitudes serven para planificar o noso traballo", dixo.