O Concello de Lugo rexeita por unanimidade a imposición de peaxes en autovías

O pleno aproba a proposta formulada polo BNG cos votos de todas as formacións
El pleno telemático del Concello. EP
photo_camera O pleno telemático do Concello. EP

O pleno do Concello de Lugo aprobou por unanimidade este xoves mostrar o seu rexeitamento á proposta do Goberno central de implantar peaxes nas autovías e vías de alta capacidade.

O PSOE votou a favor desta proposta formulada polo seu socio de goberno, o BNG. Tamén a apoiaron os dous grupos da oposición, PP e Cidadáns.

O Concello da capital lucense súmase así a outra institución gobernada polo PSOE, a Deputación Provincial de Lugo, que mostra o seu rexeitamento á aplicación desta taxa.

O tenente de alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo, que defendeu está moción na sesión plenaria celebrada telemáticamente, dixo que sería "un golpe moi duro para que Lugo se desenvolva economicamente" logo de levar "décadas de atraso" para a construción de autovías, como as que se está executando a Santiago.

Comentarios