O Concello de Lugo retomará o próximo día 28 os plenos presenciais

O anuncio chega logo das reiteradas queixas por parte da oposición por ser "a única cidade de Galicia" que aínda non dera ese paso
Concello de Lugo. AEP
photo_camera Concello de Lugo. AEP

O goberno local informou de que a corporación municipal de Lugo recuperará este mes a celebración dos plenos presenciais na Casa Consistorial, logo das reiteradas queixas por parte da oposición por ser "a única cidade de Galicia" que aínda non dera ese paso cara á normalidade.

De feito, o Partido Popular aseguraba en días pasados que o goberno local pretendía coa celebración telemática dos plenos limitar o traballo de fiscalización a nbsp;a&propia oposición e dirixir as sesións de forma "autoritaria".

O goberno local informou de que os plenos presenciais retomaranse de acordo co calendario habitual, de modo que o próximo será convocado para o último xoves de outubro, o día 28.

Segundo a información facilitada polo goberno local, esta medida foi adoptada despois de que "a Xunta de Galicia anunciase a suspensión, este próximo sábado, do estado de urxencia sanitaria, ante a evolución dos contagios de coronavirus".

A alcaldesa, Lara Méndez, dixo que a súa intención é que se recupere, aos poucos, a normalidade e gañarlle espazo ao covid naqueles aspectos cotiáns do funcionamento do Concello que resultan prioritarios para a cidade".

Comentarios