lunes. 03.08.2020 |
El tiempo
lunes. 03.08.2020
El tiempo

O Concello de Lugo envía 65 avisos a propietarios de parcelas desatendidas

Maleza en leiras de Lugo. XESÚS PONTE
Maleza en leiras de Lugo. XESÚS PONTE

Enviou a notificación a 25 persoas e trasladaraa nos próximos días a outros 40. Quen non realice os traballos requiridos exponse a unha multa

A área de Medio Ambiente do Concello de Lugo impulsou no último mes 65 ordes contra os propietarios de varias parcelas privadas desatendidas que estaban a causar "prexuízos á cidadanía".

Segundo informa a administración local nun comunicado, hai 25 titulares aos que xa se lles notificou o expediente e outros 40 que serán informados nos próximos días. O propósito do Concello é que os donos destas parcelas as acondicionen

Enviáronse requirimentos a propietarios de terreos no barrio Feijoo, na Rúa Nova, Milagrosa, Gándaras, Garabolos e Fontiñas e nos núcleos rurais de Carballido, Conturiz, San Xoan do Alto, O Veral e Santiago de Meilán. Agora súmanse comunicacións a donos de solares de San Fiz, Galegos, Castelo, rúa Filgueiro e Ángelo Colocci para que os limpen e eliminen a maleza, segundo explica o edil Álvaro Santos. 

Santos recordou que a lexislación galega indica que os propietarios de terreos ou construcións débense ocupar do seu mantemento e de que estean en condicións de seguridade, salubridade, accesibilidade universal e ornato exixibles. 

Unha vez comunicada a notificación, ábrese un trámite de audiencia de 15 días para formular alegacións, presentar xustificacións ou executar as accións que se requiren. O escrito inicial, explica Santos, está a ser suficiente para a limpeza dos solares. 

As sancións por non atender os requirimentos oscilan entre os 1.000 e os 10.000 euros.

Limpeza nas parcelas municipais
Santos informou tamén de que a área de Medio Ambiente está "a facer o propio" nas parcelas e vías municipais para eliminar a vexetación que foi crecendo durante a primavera.

"Un mantemento permanente que xa se efectuou nos barrios da Croa, A Cheda, Paradai, Albeiros, Acea de Olga, Augas Férreas, Volta da Viña, Avenida de Madrid, Montirón, baixada ao Rato, O Castiñeiro, Casás e mesmo no Campo da Feira de Nadela, e que continuará noutras localizacións nas vindeiras semanas", explicou.

O Concello de Lugo envía 65 avisos a propietarios de parcelas...
comentarios