lunes. 13.07.2020 |
El tiempo
lunes. 13.07.2020
El tiempo

O Concello de Lugo prevé dar servizo de madrugadores a todos os colexios públicos

Alumnos chegando a un colexio de Lugo. ARQUIVO
Alumnos chegando a un colexio de Lugo. ARQUIVO
Xestiona coa Xunta a cesión de espazos nos catro centros que carecen desta vía de conciliación

O goberno local traballa no obxectivo de ofrecer a partir do próximo curso académico servizo de madrugadores en todos os colexios públicos da cidade e iniciou xestións coa Xunta para que esta defina os espazos correspondentes nos catro centros que carecen desta fórmula de conciliación familiar e laboral. 

O servizo de madrugadores consiste en que as familias poden deixar os nenos no colexio desde as sete e media da mañá ata as nove, hora de inicio da actividade lectiva. Nese tempo, os nenos son atendidos por monitores e poden almorzar se o desexan cun custo de 1,80 euros (máis Ive) ao día.

Actualmente, o Concello ofrece este servizo nos colexios de Albeiros, Anexa, As Mercedes, Illa Verde, Menéndez Pelayo, Luís Pimentel, Paradai, Rosalía de Castro e Sagrado Corazón, que son os centros onde xestiona o servizo de comedor. De feito, é a mesma empresa a que presta ambos os servizos. O de comedor inclúe tamén a efectos de conciliación, se se desexa, atención aos nenos ata as catro da tarde. O custo é de 3,60 euros máis Ive ao día se se usa de forma continua e de 4,50 euros para usuarios esporádicos.

O Concello inviste actualmente no servizo uns 800.000 euros ao ano

Agora o obxectivo é estender o servizo de madrugadores aos colexios públicos onde aínda non funciona, que son algúns dos que teñen cociña propia da Xunta e servizo de transporte escolar. O concelleiro de educación e difusión do coñecemento, Felipe Rivas, explicou que se trata dunha demanda exposta polas familias e que en novembro mantivo unha reunión coa xefa territorial da Consellería de Educación en Lugo de cara a xestionar a implantación do servizo durante o próximo curso.

"Atopamos por parte da Xunta unha actitude favorable a esta medida, mais aínda estamos agardando a que concedan as cesións de espazos que foron solicitadas polos centros", explicou o concelleiro de educación.

Rivas apuntou que a cesión de espazos é o primeiro paso para poñer en marcha o servizo, no que o Concello inviste actualmente uns 800.000 euros ao ano. "Dende o Concello estamos a apostar por dotar de servizos os centros públicos, mais parece que a Xunta non quere facelo, aínda tratándose só de ceder un espazo, o que non lle tería custos".

O Concello de Lugo prevé dar servizo de madrugadores a todos os...
comentarios