O Concello de Lugo pide á Xunta que o aparcadoiro do Hula pase a ser gratuíto

Estima que a medida debería tomarse, polo menos, ata que finalice o estado de alarma provocado pola crise do coronavirus
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Un pleno do Concello. XESÚS PONTE

O goberno do concello de Lugo, con Lara Méndez á fronte, realizou onte unha petición ao Sergas para que o aparcadoiro do Hula pase a ser gratuíto, como mínimo, ata que finalice o estado de alarma.

A proposta foi acordada na última xunta de portavoces, onde están todos os grupos da corporación municipal. A mesma persegue non ocasionar máis prexuízos, polo menos mentres continúe a crise sanitaria, aos usuarios do complexo hospitalario.

"Desde o Concello de Lugo levamos moitos anos reclamándolle á Xunta de Galicia a gratuidade destas instalacións, cedidas no seu día pola administración local non para que unha empresa privada saque rendemento senón para dar servizo á cidadanía, non só á capital, senón tamén de toda a provincia que asignou o Hula como centro de referencia", reiterou Lara Méndez.

As dotacións seguen sendo insuficientes para dar cobertura a toda a demanda existente

"Unha reivindicación que, agora máis que nunca, volveuse necesidade ante a situación que estamos a vivir. Por iso, acabamos de reiterarlle ao executivo galego esta petición para que a veciñanza poida estacionar gratis no parking interior, cando teña que acudir ás consultas ou a facerse cargo dos seus familiares", instou Lara Méndez.

A alcaldesa recordou que o Concello habilitou na contorna do Hula, nos últimos meses, máis de medio milleiro de prazas de aparcadoiro, tras a reordenación das mesmas, coa que se gañaron 130 espazos novos e coa creación dun novo recinto ao aire libre con capacidade para 363 vehículos.

"Aínda así, as dotacións seguen sendo insuficientes para dar cobertura a toda a demanda existente polo que, ante as circunstancias tan especiais nas que nos atopamos, entendemos resulta imperativo que a Xunta acceda a esta solicitude e sómese a nós na defensa dos intereses da poboación", concluíu Lara Méndez.

Comentarios