O Concello de Lugo instala o novo mobiliario urbano

Varios operarios comezaron a colocar 107 bancos e 163 xardineiras

Dos operarios instalando un banco. CONCELLO DE LUGO
photo_camera Dos operarios instalando un banco. CONCELLO DE LUGO

O Concello de Lugo comezou a instalar este luns novo mobiliario urbano na cidade, "co obxecto de crear vida social nas rúas". Trátase do mobiliario que adquiriu a finais do ano pasado, cunha inversión de 54.000 euros con cargo ao Plan de Barrios: 107 bancos e 163 xardineiras, tanto rectangulares como circulares.

Con esta nova humanización da cidade, o Concello busca "contribuír a xerar novos espazos de conviencia, lecer e descanso ou a revitalizar outros que xa son puntos de encontro". Con esta acción "dáse resposta ademais a diversas peticións dos veciños e veciñas".

Os operarios do Plan Mellora do Concello traballaron esta luns na Praza de Alicantes, onde se colocaron catro bancos; e na rúa Xesta, onde irán dous bancos e catro xardineiras. Ao longo dos seguintes días desprazaranse á rúa Filgueiro (1 banco e unha xardineira) á Avenida da Coruña (3 bancos e 2 xardineiras no espazo no que existía o tapón urbanístico) e a Aquilino Iglesias Alvariño, onde se renovarán 10 bancos. 

Comentarios